18 maio 2024

PROXECTO:"OS 5 SENTIDOS"


O OLFATO: é un dos cinco sentidos máis importantes que poseemos , é o responsable de captar e procesar os olores da contorna que nos rodea,Interven no desenrolo e aprendizaxe do neno/a xa que lle permite explorar e descubrir novas sensacións e experiencias.Son moitos os estudos que certifican que a nosa mente adulta é capaz de recordar olores da nosa infancia, ligados a momentos nos que se almacenaron.Adentramonos ,coñecendo como fnciona ,o seu òrgano ,os seus coidados,para que nos serve ,pero sobre todo poñéndoo en funcionamento . 

QUE DIVERTIDO E AGRADABLE!!










O TACTO:
O tacto é o  que nos permite sentir,tocar,acariciar os obxectos  que nos rodean.A pel que cubre o noso corpo é o  instrumento que empregamos  para realizar todas estas accións.Sen necesidade de tocar os obxectos nos podemos sentir ,se fai frío ou calor xa que a nosa pel percibe os cambios de temperatura .

Investigamos e  experimentamos co tacto :frio-quente,liso-rugoso,suave-áspero,formas........ .Xogaron  e descubriron moitas cousas que despois contaron os seus compañeiros .Foi moi divertido!!!!!
































































15 maio 2024

PROXECTO :"OS 5 SENTIDOS"



O gusto:  Grazas a este sentido os alumnos/as descubriron os diferentes sabores e  onde están localizados na lingua ,tamén experimentamos cousas frías, cousas quentes e mornas.

g


Pero moi importante  é o coidado e limpeza da boca. Importantisimo para a nosa saúde!!.


O oido:Todos e todas sabemos que o oido é o sentido que nos permite escoitar dende o son máis pequeno ata a música máis forte ,axudanos a detectar todo o que nos rodea e a identificalo.
Investigaron e descubriron :as súas partes ,os diferentes sons ,os profesionais e coidados que requiren .Moi divertido!!!




26 febreiro 2024

PROXECTO:"OS 5 SENTIDOS"




 Os nenos/as de 3 e 4 anos iniciamos "OS 5 SENTIDOS"!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Mergullamonos neste mundo, xa que, a través deles podemos coñecer e descubrir todo o que nos rodea.Descubriremos cales son os seus nomes,onde están situados no noso corpo ,os coidado que precisan ,para que nos serven ,cales son os profesionais relacionados con eles  e moitas cousas que iremos descubrindo.

 Para iniciar o noso proxecto os nenos/as trouxeron contos ,xogos, fotos e traballos que eles fixeron nas súas casas, axudados polas familias e que despois tiveron que contar os seus compañeiros/a.


                                                                                           
👄👃👂👀✋


👂👃👄👀✋




👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀

A VISTA: Todos sabemos que o sentido da vista funciona grazas aos ollos. Os ollos son os encargados de recoller a través da luz as formas, tamaños e cores de todo o que nos rodea para despois enviar esa información ao cerebro. Así sabemos reaccionar... .Os nenos/as presentaron os seus traballos:ollos ,partes do ollo ,profesional que coida deles ......  .


👀









                   👀

 

👀



👀

 
                                             

ACTIVIDADE MOI INTERESANTE

Esta actividade preparouna un neno de 4 anos ,titulamola "CONXUNTIVITE"
MATERIAL:
     -fotocopia dun ollo.
     -plástico de forrar.
     -rotulador de cor vermella.
     -plastilina branca.
     -gasas.
     -suero fisiolóxico.
Plastificamos a fotocopia do ollo e pintamos dentro do ollo , a parte branca só (esclerótica) de cor vermella ,despois poñemos nas pestanas, pequenas tiras de plastilina semellando a secreción que se produce cando hai conxuntivite .Pasamos a limpar o ollo coa gasa empapada en soro ,TACHAN ,TACHAN!!!!!!!CURADO.


 O OFTALMÓLOGO EXPLICANDONOS O PROCESO



21 xuño 2023

GRADUACIÓN!!!

Onte celebramos a graduación dos nosos maiores de infantil!!! Foi un día realmente emotivo e especial. Grazas ás familias por estar e pola súa colaboración e, como non, a todos e cada un dos nenos e nenas de 5 anos!! Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa!!! Sodes marabillosos e marabillosas!!!

Neste link poderedes ver o video da graduación!

GRAZAS DE NOVO!!!!

PROXECTO DOS DINOSAURIOS!!!

Os nenos e nenas de 4 anos estiveron case todo o curso inmersos nun proxecto acerca dos dinosauros. Todo comezou con algunhas pistas e, aos poucos, foron experimentando, coñecendo, descubrindo e aprendendo TODO acerca dos dinosauros. A súa motivación e entusiasmo foi un elemento crave e, grazas a iso, conseguimos realizar un proxecto tan bonito. A continuación deixámosvos algunhas fotografías que demostran o ben que o pasaron e o moito que aprenderon nesta aventura.