21 xuño 2023

GRADUACIÓN!!!

Onte celebramos a graduación dos nosos maiores de infantil!!! Foi un día realmente emotivo e especial. Grazas ás familias por estar e pola súa colaboración e, como non, a todos e cada un dos nenos e nenas de 5 anos!! Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa!!! Sodes marabillosos e marabillosas!!!

Neste link poderedes ver o video da graduación!

GRAZAS DE NOVO!!!!

PROXECTO DOS DINOSAURIOS!!!

Os nenos e nenas de 4 anos estiveron case todo o curso inmersos nun proxecto acerca dos dinosauros. Todo comezou con algunhas pistas e, aos poucos, foron experimentando, coñecendo, descubrindo e aprendendo TODO acerca dos dinosauros. A súa motivación e entusiasmo foi un elemento crave e, grazas a iso, conseguimos realizar un proxecto tan bonito. A continuación deixámosvos algunhas fotografías que demostran o ben que o pasaron e o moito que aprenderon nesta aventura.