28 marzo 2023

TALLER DE AMBIENTADORES

O venres recibimos unha visita de catro alumnas da Universidade de Vigo que nos falaron de diferentes plantas e puidemos experimentar os seus diferentes cheiros. Despois de coñecelas todas e coñecer a que cheiraban cada unha delas fixemos os nosos propios ambientadores!!!

Aqui están algunhas fotos da experiencia!





22 marzo 2023

Robot

Os nenos e nenas de 5 anos están a dar a volta ao mundo e xa están en Estados Unidos! Hoxe seguiron descubrindo aspectos importantes deste país e, sobre todo, da cidade de Nueva York. Pero esta vez fixérono de forma diferente xa que, para poder descubrir toda esa información, deberon programar ao robot para chegar ao lugar que querían coñecer. Aquí están algunhas das fotos que amosan o concentrados/as que estaban na súa tarefa.



TEATRO DE SOMBRAS

O venres tivemos un espectáculo moi especial... un TEATRO DE SOMBRAS!!! Para iso, os nenos e nenas de 5 anos prepararon invitacións para animar aos outros nenos e nenas de tres e catro anos a ir á súa clase para ver este teatro. "A que sabe a lúa" foi o conto que cobrou vida a través das sombras e que, sen dúbida, sorprendeunos a todos e todas!




10 marzo 2023

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Os nenos e as nenas de 5 anos seguen co seu proxecto dando a volta ao mundo! Agora están en China e hoxe tiveron unha visita moi especial, pois veu a avoa dunha das nenas para axudarnos a facer... FAROLIÑOS CHINOS!
Quedáronnos preciosos!








CONTACONTOS!

Onte visitounos Laura e gozamos dunha marabillosa sesión de contacontos. Pasámolo en grande! Sobre todo coas pompas...






ENTROIDO!!!!

Por fin chegou o gran día! Que ben o pasamos! Aquí están algunhas fotos do desfile. Lembrade que no Instagram do cole @ceipcurros.ourense tedes moitas máis!