16 febreiro 2023

XOVES CON LENTES!!!

Hoxe fomos ao cole con todo posto!!! Cumprimos todos os mandadiños do Meco e, por iso, levamos algo azul, un sombreiro, unha bufanda e, agora, uns lentes!!!
Aquí tedes todas as fotos do día de hoxe! Non vos esquezades de que mañá é o gran día do desfile!!! Estamos moi ilusionados e ilusionadas e encantados/as de poder celebralo con todos/as vós!!!



15 febreiro 2023

MÉRCORES DE BUFANDA!!!

Xa estamos na metade da semana e cada vez falta menos para o venres!!! Hoxe viñemos ao cole con bufanda!

A maiores, os nenos e nenas de 4 anos foron cunha sorpresa para á casa, cunha máscara de dinosaurio!! Mañá xa é o último día dos mandadiños do Meco e traeremos unhas lentes!!!


Estamos desexando que chegue o desfile do venres!


14 febreiro 2023

MARTES DE SOMBREIRO

CONTINUAMOS CO ENTROIDO NO COLE!!! Hoxe tocou traer un sombreiro. Ensinámosvos algunhas fotos para que vexades o guapos e guapas que viñeron os nosos peques ao cole. Estaban moi ilusionados e pasámolo en grande!!

Mañá vimos coa bufanda, pois imos de parranda!!!


13 febreiro 2023

EMPEZA O ENTROIDO!!!

EMPEZOU O ENTROIDO! Hoxe foi o primeiro día que cumprimos un dos mandadiños do Meco e tocaba algo azul! Aquí temos algunhas fotos dos máis peques e das máis peques do cole con todos os seus detalliños azuis. Pasámolo en grande! 😁 Mañá imos co sombreiro, non vos esquezades!!!