17 abril 2022

DÍA DA MULLER (5 ANOS)

Neste 8M reivindicamos a presenza feminina nos contos... porque ELAS SON ANIMAIS! 



MONSTRO ROSA (4 ANOS)

Durante o mes de marzo adicamos varias sesións a traballar o conto MONSTRO ROSA (de Olga de Dios). Primeiro, a profe leuno sen amosarnos as ilustracións, e logo tivemos que imaxinar como sería esta personaxe e debuxala en equipos. Empregamos unha técnica de aprendizaxe cooperativa, o folio xiratorio, de maneira que en cada equipo fixemos un debuxo do monstro entre todos/as (rotando o folio e o lápiz por quendas, así que cada membro do equipo foi engadindo o que consideraba). Quedaron uns monstros rosas chulísimos!


Podedes ver máis fotos premendo na icona 📷
Se non coñecedes o conto, podedes ler sobre el na web da autora, ademais de coñecela e ver outros dos magníficos traballos que ten.

15 abril 2022

ARTE (4 ANOS)

 Na aula de 4 anos traballamos con arte! 
Así nos quedou este mural de gran tamaño que agora decora a aula. Gústavos?

05 abril 2022

QUE ESTÁ ACONTECENDO?

Nestes últimos días algo está a pasar nas tres aulas de infantil!

Na aula de 3 anos apareceunos unha flor...


Na aula de 4 anos, o carteiro deixoulle á nosa conserxe Manoli unhas cartas para nós... e traían unhas pistas!




E na aula de 5 anos estreamos pizarra nova... e nela alguén deixou un cadro!

Adiviñades de que vai tratar o noso próximo proxecto?
Os nosos rapaces e rapazas xa o descubriron!