19 decembro 2022

TRABALLAMOS COS ROBOTS

O alumnado da universidade de Vigo veu a traballar cas nosas pequechas e pequechos para desenvolver un proxecto de robótica. Noutra xornada fixeron cos alumnos e alumnas de 6º de infantil unhas fermosas postais de nadal LUMINOSA!!! APRENDEMOS UN MONTÓN!!!




A VOLTA AO MUNDO!!!!


 

Unha das nosas visitas  é a Exipto...contamos ca visita de Miguel e Laura (papás dun alumno) que estiveron por alí e contáronnos cousas moi interesantes. Disfrutamos moitísimo con eles!!!!!

A VOLTA AO MUNDO!!!




 

 As nenas e nenos de 6º de Infantil están traballando no Proxecto " A volta ao mundo" .

Fixeron un taller ca axuda de Patricia, mamá dunha alumna. O taller consistiu en facer a bóla do mundo cos cinco continentes para así situarnos a hora de visitar os diferentes países. Tampouco pode faltar a maleta e o pasaporte...así está TODO PREPARADO!!!!! QUÉ BEN O PASAMOS!!!!

Traballando cos robots!!!!


 

O alumnado da universidade de Vigo veu a traballar cas nosas pequechas e pequechos para desenvolver un proxecto de robótica. Os cativos de 6º de infantil percorreron o mundo ca axuda dos Escornabots ,os  de 5º de infantil  descubriron os Escorna-saurios e os de 4º de infantil iniciáronse co mundo dos robots. Unha xornada moi divertida!!!!! Grazas!!!!