Os nenos/as de 3 e 4 anos iniciamos "OS 5 SENTIDOS"!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Mergullamonos neste mundo, xa que, a través deles podemos coñecer e descubrir todo o que nos rodea.Descubriremos cales son os seus nomes,onde están situados no noso corpo ,os coidado que precisan ,para que nos serven ,cales son os profesionais relacionados con eles e moitas cousas que iremos descubrindo.
Para iniciar o noso proxecto os nenos/as trouxeron contos ,xogos, fotos e traballos que eles fixeron nas súas casas, axudados polas familias e que despois tiveron que contar os seus compañeiros/a.
👂👃👄👀✋
👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀👀
A VISTA: Todos sabemos que o sentido da vista funciona grazas aos ollos. Os ollos son os encargados de recoller a través da luz as formas, tamaños e cores de todo o que nos rodea para despois enviar esa información ao cerebro. Así sabemos reaccionar... .Os nenos/as presentaron os seus traballos:ollos ,partes do ollo ,profesional que coida deles ...... .
👀
ACTIVIDADE MOI INTERESANTE
Esta actividade preparouna un neno de 4 anos ,titulamola "CONXUNTIVITE"
MATERIAL:
-fotocopia dun ollo.
-plástico de forrar.
-rotulador de cor vermella.
-plastilina branca.
-gasas.
-suero fisiolóxico.
Plastificamos a fotocopia do ollo e pintamos dentro do ollo , a parte branca só (esclerótica) de cor vermella ,despois poñemos nas pestanas, pequenas tiras de plastilina semellando a secreción que se produce cando hai conxuntivite .Pasamos a limpar o ollo coa gasa empapada en soro ,TACHAN ,TACHAN!!!!!!!CURADO.
O OFTALMÓLOGO EXPLICANDONOS O PROCESO