Hoxe fomos ao cole con todo posto!!!
Cumprimos todos os mandadiños do Meco e, por iso, levamos algo azul, un sombreiro, unha bufanda e, agora, uns lentes!!!
Aquí tedes todas as fotos do día de hoxe!
Non vos esquezades de que mañá é o gran día do desfile!!! Estamos moi ilusionados e ilusionadas e encantados/as de poder celebralo con todos/as vós!!!
16 febreiro 2023
XOVES CON LENTES!!!
15 febreiro 2023
MÉRCORES DE BUFANDA!!!
Xa estamos na metade da semana e cada vez falta menos para o venres!!! Hoxe viñemos ao cole con bufanda!
A maiores, os nenos e nenas de 4 anos foron cunha sorpresa para á casa, cunha máscara de dinosaurio!! Mañá xa é o último día dos mandadiños do Meco e traeremos unhas lentes!!!
Estamos desexando que chegue o desfile do venres!
14 febreiro 2023
MARTES DE SOMBREIRO
CONTINUAMOS CO ENTROIDO NO COLE!!! Hoxe tocou traer un sombreiro. Ensinámosvos algunhas fotos para que vexades o guapos e guapas que viñeron os nosos peques ao cole. Estaban moi ilusionados e pasámolo en grande!!
Mañá vimos coa bufanda, pois imos de parranda!!!
13 febreiro 2023
EMPEZA O ENTROIDO!!!
19 decembro 2022
TRABALLAMOS COS ROBOTS
O alumnado da universidade de Vigo veu a traballar cas nosas pequechas e pequechos para desenvolver un proxecto de robótica. Noutra xornada fixeron cos alumnos e alumnas de 6º de infantil unhas fermosas postais de nadal LUMINOSA!!! APRENDEMOS UN MONTÓN!!!
A VOLTA AO MUNDO!!!!
Unha das nosas visitas é a Exipto...contamos ca visita de Miguel e Laura (papás dun alumno) que estiveron por alí e contáronnos cousas moi interesantes. Disfrutamos moitísimo con eles!!!!!
A VOLTA AO MUNDO!!!
As nenas e nenos de 6º de Infantil están traballando no Proxecto " A volta ao mundo" .
Fixeron un taller ca axuda de Patricia, mamá dunha alumna. O taller consistiu en facer a bóla do mundo cos cinco continentes para así situarnos a hora de visitar os diferentes países. Tampouco pode faltar a maleta e o pasaporte...así está TODO PREPARADO!!!!! QUÉ BEN O PASAMOS!!!!
Traballando cos robots!!!!
O alumnado da universidade de Vigo veu a traballar cas nosas pequechas e pequechos para desenvolver un proxecto de robótica. Os cativos de 6º de infantil percorreron o mundo ca axuda dos Escornabots ,os de 5º de infantil descubriron os Escorna-saurios e os de 4º de infantil iniciáronse co mundo dos robots. Unha xornada moi divertida!!!!! Grazas!!!!



.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
