🎵🎶🎷Quérote máis que á tortilla de patacas con xamón...🎵🎶🎷
Sónavos? É unha canción do Sonoro Maxín que bailamos na aula de 4 anos para falar... de poesía! E falando do que nos gusta a cada unha/un, creamos o noso propio QUÉROTE MÁIS.
Como o fixemos? Primeiro falando e anotando o que máis nos gusta, e como o podiamos describir; despois pegando imaxes e frases e compoñendo cada estrofa por equipos; logo decidindo como ordear as estrofas (lanzando un dado e contando os puntos); e, por último, compoñendo a poesía colectiva en formato mural e decorándoo. Levounos varias sesións, pero agora o mural está na clase e foi unha experiencia chulísima de creación literaria a partir dunha canción.
O resultado foi este:
QUÉROTE MÁIS
Quérote máis que ao 1, 2, 3 plan,
que ás xirafas boas.
que aos lápices de cores
e que aos unicornios pequenos.
que aos lápices de cores
e que aos unicornios pequenos.
Quérote máis que a unha estrela de mar,
que ao elefante gordo,
que á sardiña fina
e que ao mono saltador.
Quérote máis que a un corazón mediano,
que aos libros de animais,
que ao arco da vella máis grande
e que a todas as bandeiras do mundo.
Quérote máis que a un bocata de queixo recén feito,
que aos macarróns con tomate,
que á nocilla máis rica do mundo.
e que a un dinosaurio de peluche.
Quérote máis que á crema de verduras,
que a unha flor rosa
e que a unha bolboreta voadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario