10 marzo 2023

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Os nenos e as nenas de 5 anos seguen co seu proxecto dando a volta ao mundo! Agora están en China e hoxe tiveron unha visita moi especial, pois veu a avoa dunha das nenas para axudarnos a facer... FAROLIÑOS CHINOS!
Quedáronnos preciosos!








CONTACONTOS!

Onte visitounos Laura e gozamos dunha marabillosa sesión de contacontos. Pasámolo en grande! Sobre todo coas pompas...






ENTROIDO!!!!

Por fin chegou o gran día! Que ben o pasamos! Aquí están algunhas fotos do desfile. Lembrade que no Instagram do cole @ceipcurros.ourense tedes moitas máis!






16 febreiro 2023

XOVES CON LENTES!!!

Hoxe fomos ao cole con todo posto!!! Cumprimos todos os mandadiños do Meco e, por iso, levamos algo azul, un sombreiro, unha bufanda e, agora, uns lentes!!!
Aquí tedes todas as fotos do día de hoxe! Non vos esquezades de que mañá é o gran día do desfile!!! Estamos moi ilusionados e ilusionadas e encantados/as de poder celebralo con todos/as vós!!!



15 febreiro 2023

MÉRCORES DE BUFANDA!!!

Xa estamos na metade da semana e cada vez falta menos para o venres!!! Hoxe viñemos ao cole con bufanda!

A maiores, os nenos e nenas de 4 anos foron cunha sorpresa para á casa, cunha máscara de dinosaurio!! Mañá xa é o último día dos mandadiños do Meco e traeremos unhas lentes!!!


Estamos desexando que chegue o desfile do venres!


14 febreiro 2023

MARTES DE SOMBREIRO

CONTINUAMOS CO ENTROIDO NO COLE!!! Hoxe tocou traer un sombreiro. Ensinámosvos algunhas fotos para que vexades o guapos e guapas que viñeron os nosos peques ao cole. Estaban moi ilusionados e pasámolo en grande!!

Mañá vimos coa bufanda, pois imos de parranda!!!