O pasado luns, 20 de xuño, tivemos unha visita moi especial! Chegou a nós que no cole do Albino Núñez de Ourense, algúns compañeiros e compañeiras de Ed. Infantil, tamén estaban coñecendo a Van Gogh, así que invitámolos a ver a nosa exposición... e viñeron!
Foi un encontro cheo de sorpresas... porque con eles traían ao mesmo Van Gogh en persoa! Encantounos coñecelo e preguntarlle mil cousas! Tamén nos fixeron un agasallo chulísimo (un pin de "A noite estrelada"), e tivemos a oportunidade de contarlles todo o que aprenderamos sobre o artista e de amosarlles as cancións que sabemos sobre el.
|
Alumnado do CEIP Curros Enríquez preparado para "actuar" |
|
Alumnado do CEIP Albino Núñez atento á "actuación" |
Elas e eles tamén quedaron encantados de ver os nosos traballos e de poder meterse dentro do cadro de "A habitación".
|
Alumnado do CEIP Albino Núñez vendo "A habitación"
|
|
Van Gogh dentro do seu cadro "A habitación" |
|
Agasallo que nos encantou |
Encantounos coñecelos/as, e non podemos menos que agradecer ás súas profes que organizaran a visita para facelo posible. Quedamos con ganas de máis, así que para o vindeiro curso teremos que planear algunha outra actividade conxunta.
|
4º de Ed. Infantil posando con Van Gogh |
|
5º de Ed. Infantil posando con Van Gogh |
|
6º de Ed. Infantil posando con Van Gogh |
Queredes ver máis fotos? Picade na icona 📷.
Ningún comentario:
Publicar un comentario