24 abril 2023

NOVO PROXECTO!

 COMEZAMOS NOVO PROXECTO EN EDUCACIÓN INFANTIL!

A semana pasada apareceron nas aulas de Educación Infantil numerosas pistas que nos axudaron a coñecer quen ía ser o protagonista do noso proxecto. 

Primeiro apareceron instrumentos e con eles as dúas primeiras letras do seu nome, despois notas musicais e as dúas letras seguintes e, finalmente, descubrimos de quen se trataba!

MOZART vai ser o gran protagonista do noso proxecto!

Estamos moi ilusionados e ilusionadas por descubrir e aprender sobre este músico!!!

Contarémosvos novidades moi pronto!!!

























Ningún comentario:

Publicar un comentario