O pasado martes, 14 de xuño, foi un día moi especial para todo infantil... porque inaugurabamos a nosa exposición sobre Van Gogh!
Traballamos sobre este artista durante o último trimestre, e a verdade que non paramos de crear, pintar, pensar, inventar... Na casa, reelaborando cadros de Van Gogh con todo tipo de materiais e converténdonos en modelos de fotografía para dar vida aos retratos e autorretratos do pintor; e no cole, veña xirasoles e xirasoles, máis retratos (esta vez dos compañeiros/as) e cancións... ata con Lingua de Signos! (aproveitamos e conmemoramos o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, que tamén se celebraba ese día, podedes ver un vídeo aquí, e descargar un minidiccionario sobre Van Gogh aquí).
Podedes ver fotos de como traballamos nas aulas premendo:
AULA DE 4º DE EI AULA DE 5º DE EI AULA DE 6º DE EI
E non vos contamos o da habitación... porque iso hai que velo! ;) PUIDEMOS METERNOS DENTRO DO CADRO DE VAN GOGH, TANTO EN FOTO COMO NA REALIDADE! Picade 📷 para vernos!
O caso, que o día da inauguración había nervios e ilusión a partes iguais. Ensaiamos arreo os días previos, e saiunos fenomenal! Mooooitaaassss nais, pais, avoas, avós e outros familiares viñeron a vernos, e foi moooooi emocionante! E ata viu a prensa!
Din as profes que con familias como as nosas dá gusto traballar, porque colaboraron un montón e responderon a todo o que lles pediron. As profes tamén din que somos uns artistas, case tanto como Van Gogh.
Deixámosvos fotos, coma sempre! Para velas, premede na foto ou na icona 📷. E se queredes ver un vídeo, premede 📹
DENDE O EQUIPO DE ED. INFANTIL QUEREMOS AGRADECER ÁS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO A SÚA IMPLICACIÓN E COLABORACIÓN NESTE PROXECTO, XA QUE SEN ELAS NON TERÍA SIDO POSIBLE REALIZALO. GRAZAS TAMÉN POR ACODER Á INAUGURACIÓN CON TANTO INTERESE, E POR TER VERBAS DE RECOÑECEMENTO CARA O NOSO TRABALLO. DE CORAZÓN, GRAZAS.
GRAZAS ÁS NOSAS COMPAÑEIRAS, TANTO DOCENTES COMA NON DOCENTES, POR AXUDARNOS NA REALIZACIÓN DESTE PROXECTO. GRAZAS TAMÉN AO EQUIPO DIRECTIVO POLO SEU APOIO.
E GRAZAS, POR SUPOSTO, ÁS NOSAS PEQUENAS E PEQUENOS POR DEIXARSE GUIAR POR NÓS E POR DAR O MELLOR DELAS E DELES CADA DÍA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario