Durante este curso, tamén traballamos moito co ordenador cos tres grupos de Ed. Infantil. Fixémolo a través de xogos en liña, de xeito que ao mesmo tempo que manexabamos o ordenador, xogabamos e repasabamos diferentes contidos vistos nas aulas. Se na casa queredes xogar a algúns destes xogos, tédelos na barra dereita do blog, onde pon "ACTIVIDADES EN LIÑA".
Alumnado de Ed. Infantil traballando na aula de informática |
Queredes ver unhas fotos de como traballamos? Premede nas iconas:
4º Ed. Infantil (3 anos) 📷
5º Ed. Infantil (4 anos) 📷
6º Ed. Infantil (5 anos) 📷
Outra das cousas que fixemos en TIC foi crear á nosa mascota do blog, que xa vos contamos hai tempo. Podedes lelo aquí.
Van Gogh tamén nos levou a explorar outras recursos "TIC", como os robots e os códigos QR. Podedes lelo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario