O pasado venres 20 de maio, como sabedes, foi un día especial porque fixemos unha saída fóra do cole. Os alumnos e alumnas de 3 anos visitamos Acougo, en Vilamarín, xunto cos compañeiros/as de 1º de Educación Primaria, e pasámolo fenomenal!
Na viaxe de ida xa había moitos nervios e emoción!
Ao chegar, recibíronnos os monitores/as e fomos camiñando entre árbores para deixar as nosas mochilas nun dos edificios que teñen alí... e xa coñecimos a Pequeniña.Pequeniña comeu todo o día! |
Despois chegou o momento de comezar a aventura. Os de 3 fomos á tirolina... que experiencia! Levabamos ata casco e arnés.
Continuamos de excursión pola montaña, coñecendo a historia dos trasnos que habitan por alí, segundo nos contaron. O seu xefe chámase Tatanka.E aínda seguimos coa aventura, esta vez cun paseo en barca que nos encantou. Mentres uns iamos na barca, outros xogabamos a construír casiñas para Tatanka e os seus.
Tras tanta actividade, tivemos que facer unha parada técnica para coller forzas merendando froita.
E xa chegou o que a moitos/as foi o que máis nos gustou: darlles pan aos animais e facer equilibrios nunha corda!
Como xa non podíamos coa fame, tocou ir comer. Repetimos de todo: empanada, tortilla, fiames...
Por último, descansamos un ratiño na sombra, que facía moito calor, e despois fomos despedirnos dos animais. Así pasou o día e xa tocaba voltar no bus! Iamos agotados, pero encantados.
Se queredes ver máis fotos premede na 📷.
Ningún comentario:
Publicar un comentario