Lembrades a Monstro Rosa? Xa vos falamos del (podedes lelo aquí), pero non vos contamos que tamén traballamos con este conto na aula de 5 anos. Fixémolo do mesmo xeito: sen ver o conto, imaxinamos as personaxes, debuxámolas en equipo empregando a técnica cooperativa do folio xiratorio, e por último contamos aos compañeiros e compañeiras como foi o proceso de creación.
A nós, como somos os maiores de infantil, a profe pediunos non só imaxinar a Monstro Rosa, senón tamén a todos os seus amigos... non era fácil, pero mirade que ben o fixemos!
 |
Monstro Rosa |
 |
Os demais |
 |
Ra de tres ollos |
 |
Monstro Azul |
 |
Paxaro Amarelo |
 |
Becho pelota |
 |
A Emma gustoulle tanto o conto que trouxo este debuxo da súa casa 😍 |
Premede na 📷 para ver unhas fotiños de como traballamos en equipo.
E se non coñecedes á autora deste conto (Olga de Dios), podedes ler sobre ela na súa web.
Ningún comentario:
Publicar un comentario