Estamos traballando moito cos xirasoles, como Van Gogh.
Observamos, falamos, pintamos... e tamén estivemos de plantación estes días! Empregamos botes de iogur que previamente decoramos (cada un/unha como máis lle gustou), terra e sementes de xirasol que resultaron ser pipas! Botamos terra, escarvamos, metemos a semente, botamos auga... e agora algunhas plantas xa están na casa, e outras no cole esperando a ver que sae de aí.
Deixámosvos unhas fotos para que vexades como foi a cousa.
4º de Educación Infantil Para ver máis fotos preme na 📷. |
5º de Educación Infantil Para ver máis fotos preme na 📷. |
6º de Educación Infantil Para ver máis fotos preme na 📷. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario