31 maio 2022

BINGO! (4 ANOS)

As mates cando manipulamos e xogamos son moito máis divertidas! Xa probaramos algunha vez, e hoxe repetimos co xogo do bingo. Sabedes quen cantou bingo?

Nuria, Héctor e Noa F. cantaron bingo!

Xa levamos un tempo coñecendo a táboa do 100. Hai moitos modelos, pero a da nosa aula é esta:

Hoxe traballamos en gran grupo coa primeira familia (números do 1 ao 9): recitamos os números, dicimos como se chaman, adiviñamos cal é o que falta... E por fin toca xogar: recoñecer o número, nomealo, buscalo no noso cartón, poñerlle unha pegatina (con forma de óvalo, que é a que estamos coñecendo agora)...





Outros días centrámonos só nun número: o número protagonista. Aquí traballamos como se chama, como se escribe, que cantidade representa, como sae no dado, como se pon coas mans, como se pode descompoñer...


E outros días toca o tangram no libro. Non o coñecedes? Consiste en formar unha figura a partir das formas xeométricas que che dan, como un puzzle. É algo complicado, pero xa lle vamos collendo o xeito. Podedes probalo en liña premendo na icona 📐

Ningún comentario:

Publicar un comentario