30 xuño 2022

TIC (TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN)

Durante este curso, tamén traballamos moito co ordenador cos tres grupos de Ed. Infantil. Fixémolo a través de xogos en liña, de xeito que ao mesmo tempo que manexabamos o ordenador, xogabamos e repasabamos diferentes contidos vistos nas aulas. Se na casa queredes xogar a algúns destes xogos, tédelos na barra dereita do blog, onde pon "ACTIVIDADES EN LIÑA".

Alumnado de Ed. Infantil traballando na aula de informática

Queredes ver unhas fotos de como traballamos? Premede nas iconas:

4º Ed. Infantil (3 anos) 📷

5º Ed. Infantil (4 anos) 📷

6º Ed. Infantil (5 anos) 📷

Outra das cousas que fixemos en TIC foi crear á nosa mascota do blog, que xa vos contamos hai tempo. Podedes lelo aquí.

Van Gogh tamén nos levou a explorar outras recursos "TIC", como os robots e os códigos QR. Podedes lelo aquí.

29 xuño 2022

PSICOMOTRICIDADE EN INFANTIL

As nenas e nenos de Ed. Infantil... non paran! E menos mal! Porque o movemento é esencial para un axeitado desenvolvemento, e é a base das aprendizaxes posteriores. 

 
Na etapa de infantil traballamos moito co movemento, tanto dentro na aula, como especificamente na área de psicomotricidade. Durante este curso probamos moitas cousas chulas, tanto dentro do ximnasio coma nas zonas exteriores do cole: circuítos, equilibrios, lanzamentos, xogos colectivos e en pequenos grupos, desprazamentos, control postural...

Premede para ver ás/aos peques en acción!

4º Ed. Infantil (3 anos) 📷

5º Ed. Infantil (4 anos) 📷

6º Ed. Infantil (5 anos) 📷

En relación co proxecto de Van Gogh, tamén probamos a convertirnos en letras. Foi divertido, pero algún fallo tivemos... a ver se o descubrides! Premede aquí para vernos.

27 xuño 2022

DÍA DE ROSALÍA (4 ANOS)

 Na aula de 4 anos, alá por febreiro😅, conmemoramos o Día de Rosalía pintando de cores... Gústavos?


OS ÚLTIMOS DÍAS...

Os últimos días de cole sempre son especiais, o traballo está feito e hai máis tempo para desfrutar e compartir.

Isto que vos deixamos foi un contacontos e unha actuación de Irene e Antía (2º Ed. Primaria) para as nenas e nenos de 5º e 6º de Educación Infantil. Son unhas artistas!







Premede 📹 para ver un vídeo da actuación.

CUMPLEANOS DO 3RO TRIMESTRE E DO VERÁN (5 ANOS)

 Seguimos festexando e soprando candeas co número 6!

NACHO

DANIEL

LOIS

MARTIÑO

Os cumples de XUÑO tamén os festexamos!
LEO, HELENA, EMMA e YAGO

E, como non, os do VERÁN!
MATEO F. e LOLA

PARABÉNS A TODAS E TODOS!
Ver máis fotos de cumples aquí.

FESTA FIN DE CURSO

O pasado martes 21 festexamos por todo o alto que este curso xa remataba. Grazas á ANPA, tivemos unha superfesta na que non faltou de nada!

PINTAMOS A CARA




XOGAMOS CON GLOBOS




PRACTICAMOS TENIS...


... E TIRO CON ARCO


E SALTAMOS E SALTAMOS NAS COLCHONETAS XIGANTES!




Todas as fotos da festa podedes velas na web do cole. Premede 📷

16 xuño 2022

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º DE ED. INFANTIL

 Rematou unha etapa, e hai que celebralo!

E, ademais, hai que lembrar os bos momentos vividos e como medramos todas e todos xuntos!


Queredes ver como foi a celebración? Premede 📹 ou 📷

INAUGURACIÓN "VINCENT VAN GOGH NO CURROS"

O pasado martes, 14 de xuño, foi un día moi especial para todo infantil... porque inaugurabamos a nosa exposición sobre Van Gogh! 

Traballamos sobre este artista durante o último trimestre, e a verdade que non paramos de crear, pintar, pensar, inventar... Na casa, reelaborando cadros de Van Gogh con todo tipo de materiais e converténdonos en modelos de fotografía para dar vida aos retratos e autorretratos do pintor; e no cole, veña xirasoles e xirasoles, máis retratos (esta vez dos compañeiros/as) e cancións... ata con Lingua de Signos! (aproveitamos e conmemoramos o Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, que tamén se celebraba ese día, podedes ver un vídeo aquí, e descargar un minidiccionario sobre Van Gogh aquí).

Podedes ver fotos de como traballamos nas aulas premendo:

        AULA DE 4º DE EI        AULA DE 5º DE EI        AULA DE 6º DE EI

E non vos contamos o da habitación... porque iso hai que velo! ;) PUIDEMOS METERNOS DENTRO DO CADRO DE VAN GOGH, TANTO EN FOTO COMO NA REALIDADE! Picade 📷 para vernos!

O caso, que o día da inauguración había nervios e ilusión a partes iguais. Ensaiamos arreo os días previos, e saiunos fenomenal! Mooooitaaassss nais, pais, avoas, avós e outros familiares viñeron a vernos, e foi moooooi emocionante! E ata viu a prensa!

Din as profes que con familias como as nosas dá gusto traballar, porque colaboraron un montón e responderon a todo o que lles pediron. As profes tamén din que somos uns artistas, case tanto como Van Gogh. 

Deixámosvos fotos, coma sempre! Para velas, premede na foto ou na icona 📷. E se queredes ver un vídeo, premede 📹


DENDE O EQUIPO DE ED. INFANTIL QUEREMOS AGRADECER ÁS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO A SÚA IMPLICACIÓN E COLABORACIÓN NESTE PROXECTO, XA QUE SEN ELAS NON TERÍA SIDO POSIBLE REALIZALO. GRAZAS TAMÉN POR ACODER Á INAUGURACIÓN CON TANTO INTERESE, E POR TER VERBAS DE RECOÑECEMENTO CARA O NOSO TRABALLO. DE CORAZÓN, GRAZAS.

GRAZAS ÁS NOSAS COMPAÑEIRAS, TANTO DOCENTES COMA NON DOCENTES, POR AXUDARNOS NA REALIZACIÓN DESTE PROXECTO. GRAZAS TAMÉN AO EQUIPO DIRECTIVO POLO SEU APOIO.

E GRAZAS, POR SUPOSTO, ÁS NOSAS PEQUENAS E PEQUENOS POR DEIXARSE GUIAR POR NÓS E POR DAR O MELLOR DELAS E DELES CADA DÍA.

07 xuño 2022

CONTACONTOS

Este luns tivemos unha sorpresa en forma de... contacontos! Todas as aulas de Ed. Infantil saímos ao patio cuberto e alí estivemos moi atentas e atentos ao que nos contaba Sabela... unha marabilla! 


Máis fotos premendo na icona 📷

01 xuño 2022

QUÉROTE MÁIS (4 ANOS)

 🎵🎶🎷Quérote máis que á tortilla de patacas con xamón...🎵🎶🎷

Sónavos? É unha canción do Sonoro Maxín que bailamos na aula de 4 anos para falar... de poesía! E falando do que nos gusta a cada unha/un, creamos o noso propio QUÉROTE MÁIS. 

Como o fixemos? Primeiro falando e anotando o que máis nos gusta, e como o podiamos describir; despois pegando imaxes e frases e compoñendo cada estrofa por equipos; logo decidindo como ordear as estrofas (lanzando un dado e contando os puntos); e, por último, compoñendo a poesía colectiva en formato mural e decorándoo. Levounos varias sesións, pero agora o mural está na clase e foi unha experiencia chulísima de creación literaria a partir dunha canción.

O resultado foi este:

QUÉROTE MÁIS

Quérote máis que ao 1, 2, 3 plan,
que ás xirafas boas.
 que aos lápices de cores
e que aos unicornios pequenos.

Quérote máis que a unha estrela de mar, 
que ao elefante gordo,
que á sardiña fina
e que ao mono saltador.

Quérote máis que a un corazón mediano,
que aos libros de animais,
que ao arco da vella máis grande
e que a todas as bandeiras do mundo.

Quérote máis que a un bocata de queixo recén feito,
que aos macarróns con tomate,
que á nocilla máis rica do mundo.
e que a un dinosaurio de peluche.

Quérote máis que á crema de verduras,
que a unha flor rosa
e que a unha bolboreta voadora.

Adiviñades de que nena/o é cada verso?

Decorando o mural no chan