31 maio 2022

BINGO! (4 ANOS)

As mates cando manipulamos e xogamos son moito máis divertidas! Xa probaramos algunha vez, e hoxe repetimos co xogo do bingo. Sabedes quen cantou bingo?

Nuria, Héctor e Noa F. cantaron bingo!

Xa levamos un tempo coñecendo a táboa do 100. Hai moitos modelos, pero a da nosa aula é esta:

Hoxe traballamos en gran grupo coa primeira familia (números do 1 ao 9): recitamos os números, dicimos como se chaman, adiviñamos cal é o que falta... E por fin toca xogar: recoñecer o número, nomealo, buscalo no noso cartón, poñerlle unha pegatina (con forma de óvalo, que é a que estamos coñecendo agora)...





Outros días centrámonos só nun número: o número protagonista. Aquí traballamos como se chama, como se escribe, que cantidade representa, como sae no dado, como se pon coas mans, como se pode descompoñer...


E outros días toca o tangram no libro. Non o coñecedes? Consiste en formar unha figura a partir das formas xeométricas que che dan, como un puzzle. É algo complicado, pero xa lle vamos collendo o xeito. Podedes probalo en liña premendo na icona 📐

30 maio 2022

ESTREAMOS MASCOTA!

Con moito orgullo, presentámosvos a ÁNGEL, a nosa mascota do blog de E. Infantil!

Creada por Lola, Lois, Aroa e Daniel (6º EI)

Levamos un tempiño traballando nisto en diferentes momentos, principalmente cando nos toca TIC na aula de informática. Foi un traballo que fixemos as tres aulas de infantil: vimos o blog, falamos sobre o tema, e, en equipos, creamos a nosa proposta de mascota. Tras unha reñida votación, a gañadora foi ÁNGEL, e as finalistas as seguintes:

COLORINES
Nora L., Mateo B., Xavi, Nora M. (6º EI)

LUNITA
Helena, Mario, Mateo F. e Martiño (6º EI)

LÍA JUAN JOSÉ
Mara G., Rosalía P., Alba (5º EI)

Aquí vos deixamos todas as mascotas creadas polas nenas e nenos de EI, que non deixan de sorprendernos coa súa creatividade! Premendo aquí podedes ver como se chaman e quen debuxou cada unha.
4º EI

5º EI

6º EI
Se queredes ver unhas fotos de como traballaron, premede na icona📷.

MAGOSTEANDO (5 ANOS)

 Outra das cousiñas que tiñamos pendentes de compartir con vós é esta... unha de outono!


Se aínda non lestes como festexamos este curso o Magosto, podedes facelo dende a web do cole. Premede aquí para acceder.

DÍA DE EXCURSIÓN! (3 ANOS)

O pasado venres 20 de maio, como sabedes, foi un día especial porque fixemos unha saída fóra do cole. Os alumnos e alumnas de 3 anos visitamos Acougo, en Vilamarín, xunto cos compañeiros/as de 1º de Educación Primaria, e pasámolo fenomenal!

Na viaxe de ida xa había moitos nervios e emoción!

Ao chegar, recibíronnos os monitores/as e fomos camiñando entre árbores para deixar as nosas mochilas nun dos edificios que teñen alí... e xa coñecimos a Pequeniña.

Pequeniña comeu todo o día!
Despois chegou o momento de comezar a aventura. Os de 3 fomos á tirolina... que experiencia! Levabamos ata casco e arnés.
Continuamos de excursión pola montaña, coñecendo a historia dos trasnos que habitan por alí, segundo nos contaron. O seu xefe chámase Tatanka.
E aínda seguimos coa aventura, esta vez cun paseo en barca que nos encantou. Mentres uns iamos na barca, outros xogabamos a construír casiñas para Tatanka e os seus.
Tras tanta actividade, tivemos que facer unha parada técnica para coller forzas merendando froita.
E xa chegou o que a moitos/as foi o que máis nos gustou: darlles pan aos animais e facer equilibrios nunha corda!
Como xa non podíamos coa fame, tocou ir comer. Repetimos de todo: empanada, tortilla, fiames... 
Por último, descansamos un ratiño na sombra, que facía moito calor, e despois fomos despedirnos dos animais. Así pasou o día e xa tocaba voltar no bus! Iamos agotados, pero encantados. 
Se queredes ver máis fotos premede na 📷.

23 maio 2022

MAXIA! (3 ANOS)

Si! Foi cousa de maxia! Chegamos á aula o mércores, despois da ponte das Letras Galegas, e resultou que os nosos xirasoles estaban enoooormeees! Que sorpresa levamos, porque só estivemos catro días sen velos e medraron moitísimo! Logo, para que seguiran medrando igual de ben, fumos regando cada un/unha a nosa planta. O mesmo dentro duns días xa podemos comer unhas pipas de xirasol no recreo!





MONSTRO ROSA (5 ANOS)

Lembrades a Monstro Rosa? Xa vos falamos del (podedes lelo aquí), pero non vos contamos que tamén traballamos con este conto na aula de 5 anos. Fixémolo do mesmo xeito: sen ver o conto, imaxinamos as personaxes, debuxámolas en equipo empregando a técnica cooperativa do folio xiratorio, e por último contamos aos compañeiros e compañeiras como foi o proceso de creación. 

A nós, como somos os maiores de infantil, a profe pediunos non só imaxinar a Monstro Rosa, senón tamén a todos os seus amigos... non era fácil, pero mirade que ben o fixemos!

Monstro Rosa

Os demais

Ra de tres ollos

Monstro Azul

Paxaro Amarelo

Becho pelota

A Emma gustoulle tanto o conto que trouxo este debuxo da súa casa 😍

Premede na 📷 para ver unhas fotiños de como traballamos en equipo.

E se non coñecedes á autora deste conto (Olga de Dios), podedes ler sobre ela na súa web.

ENTROIDO 2022

Aínda que xa queda lonxe, o Entroido festexámolo por todo o alto, dirixidos polo Meco e con visitas moi especiais (que a algúns/algunhas ata nos meteron un pouquichiño de medo) organizadas pola ANPA do cole.


4º de Educación Infantil

5º de Educación Infantil

6º de Educación Infantil

Se aínda non vistes as fotos deses días, podedes facelo dende a web do cole. Picade na 📷 para acceder.

17 maio 2022

PLANTAMOS XIRASOLES!

Estamos traballando moito cos xirasoles, como Van Gogh. 

Observamos, falamos, pintamos... e tamén estivemos de plantación estes días! Empregamos botes de iogur que previamente decoramos (cada un/unha como máis lle gustou), terra e sementes de xirasol que resultaron ser pipas! Botamos terra, escarvamos, metemos a semente, botamos auga... e agora algunhas plantas xa están na casa, e outras no cole esperando a ver que sae de aí.

Deixámosvos unhas fotos para que vexades como foi a cousa.

4º de Educación Infantil
Para ver máis fotos preme na 📷.

5º de Educación Infantil
Para ver máis fotos preme na 📷.

6º de Educación Infantil
Para ver máis fotos preme na 📷.

LETRAS GALEGAS 2022

O pasado venres festexamos no cole o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Florencio Delgado Gurriarán. Foi un acto chulísimo que organizou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole, e aprendimos moitas cousas sobre o autor, escoitamos música e bailamos. Pasámolo xenial! Deixámosvos unhas fotos, e, como vedes, todas e todos levamos o noso colgante do autor que decoramos nas aulas durante a semana.

6º de Educación Infantil

5º de Educación Infantil

4º de Educación Infantil

Se queredes ver máis fotos podedes facelo dende a web do cole. Premede a 📷 para acceder.